IniciosociedadeViveiro, con 148,2 qm/h, rexistra o refacho de vento máis forte de...

Viveiro, con 148,2 qm/h, rexistra o refacho de vento máis forte de Galicia na ponte

A Mariña mantense este luns en alerta laranxa por temporal costeiro e con aviso amarelo por aire

Publicada o

- Advertisement -

As choivas e o vento rexistrado durante a noite e as primeiras horas deste luns causaron bolsas de auga e caída de árbores, entre outras incidencias. O refacho máximo de vento correspondeu ao municipio de Viveiro, con 141,8 quilómetros por hora, despois de que o domingo nesta mesma localidade se alcanzase a máxima de 148,2 qm/h.

Segundo a información facilitada polo 112 Galicia, durante a noite e as primeiras horas deste luns rexistráronse incidencias nas catro provincias galegas polo adverso meteorolóxico, como caída de árbores e bolsas de auga na vía pública, pero “sen causar ningún incidente grave”.

Ata as 10.30 horas deste luns as choivas deixaron acumulados de 29,7 litros en Poio; 28,2 en Fornelos de Montes; 26,8 en Cotobade e 25,4 en Vigo, todos municipios da provincia de Pontevedra, segundo os datos publicados por Meteogalicia. A eles súmanse os 23,8 litros por metro cadrado de Boqueixón.

Mentres, en zonas de montaña as choivas rexistraron nas primeiras horas deste luns 21,3 litros por metro cadrado en Baleira e 19,3 en Pedrafita, ambas as localidades lucenses; e 17 en Manzaneda e 16 na Veiga, na provincia de Ourense.

Na xornada do domingo, a máxima correspondeu a Poio, con 49,5 litros por metro cadrado; seguida de Cotobade, con 45,8 e Abadín, con 41,6.

ESTE LUNS REXISTRÁRONSE 141,8 QM/H

En canto ao vento, ata as 10.45 horas deste luns o refacho máximo correspondeu a Viveiro, con 141,8 quilómetros por hora; seguida dos 120,2 en Cedeira e 109,6 no municipio coruñés de Malpica, todos municipios costeiros.

En zonas de montaña, o vento alcanzou os 104,6 quilómetros por hora en Carballeda de Valdeorras, os 104,4 en Baleira e os 102 no municipio ourensán de Manzaneda.

Este domingo, o refacho máximo correspondeu a Viveiro, con 148,2 quilómetros por hora, seguida de Carballeda de Valdeorras, con 128,4 e Manzaneda, con 116,2 qm/h.

ESTE MARTES, ALERTA LARANXA POR ONDADA

A Mariña segue este luns en alerta laranxa por temporal costeiro, con mar combinado con ondas de entre cinco e seis metros. Tamén está activo o aviso amarelo por ventos, agardándose refachos de ata 80 quilómetros por hora.

O martes continuarán as advertencias por ondada, con mar combinado do noroeste, chegando as ondas a alcanzar entre os cinco e os seis metros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...